Tenda online de produtos
de Galiza
Do mar de Galiza ó corazón, levamos a súa alma e tradición en cada prenda.
Por un comerzo xusto e unha moda sostible.
Dende roupa de calidade ata láminas, bolsas e accesorios inspirados en Galiza. En Eailustra enfocámonos en ofrecer produtos únicos que reflicten o teu estilo e amor pola nosa terra. Xa sexa para un look diario, unha ocasión especial ou un toque distintivo para calquer outfit, temos o que necesitas para levar a esencia de Galiza contigo.
Explora as nosas coleccións e descobre a autenticidade e tradición en cada peza. En Eailustra, cada deseño está pensado para que o teu estilo sexa tan único como Galiza
En Eailustra, cremos que cada prenda conta unha historia. E esa historia é a da nosa terra, as nosas tradicións e o noso estilo único. Somos un equipo diverso, pero todos compartimos un mesmo obxectivo: levar a esencia de Galiza a cada rincón do mundo cas nosas creacións.
Quen está detrás de Eailustra?
En Eailustra, somos un equipo apaixonado por Galiza e as súas raíces, pero con un enfoque moderno e auténtico. Cada un de nós aporta algo único, creando unha mestura perfecta de creatividade, tradición e un toque de frescura.
Amante da natureza e algo tecnofófica. Aroa é quen da vida ás ideas de Eailustra. Síntese feliz neses momentos nos que se afasta un pouco do grupo para ver como todos se divirten, rindo e compartindo. Para ela, eses momentos de conexión son unha das maiores alegrías da vida.
Aínda que parece unha persoa tímida ó comezo, en canto se sinte cómoda, a súa enerxía é imparable. De pequena, sempre estaba disfrazada, e agora, ca súa mesa de mezclas, organiza festas na aldea. É a artista tras os deseños de Eailustra, capturando a esencia de Galiza co seu talento único.
Sevillano de corazón, pero galego por elección. Jonatán namorouse de Galiza moito antes que de Aroa. Amante do surf, da cociña e do baile, converteuse no encargado de todo o dixital en Eailustra axudando ás tecnofóbicas do equipo a relucir no mundo online.
Queres ser un dos nosos puntos de venda?
Tes unha tenda física e gustaríache ter os nosos produtos? Escrebe a its.ilustra@gmail.com e informámoste!
Contacto
Estamos aquí para axudarche. Se tes algunha pregunta ou necesitas máis información sobre os nosos produtos, non dubides en contactarnos!
Teléfono:
Aroa +34 660-569-363 // Eider +34 693-869-031
Correo Electrónico:
its.ilustra@gmail.com
Redes sociais:
- Ubicacións e puntos de venda:
- Amo Galicia
Rúa da Alhóndiga, N° 4, 36002 Pontevedra, España - Dona Formiguinha
Rúa Don Nicolás, 12, Bajo, 36680 A Estrada, Pontevedra, España - Son daTerra
Rúa San Xosé, 80, 36940 Cangas, Pontevedra, España - Mel e Canela
Rúa Molinera, 4, 36500 Lalín, Pontevedra, España
- O Caminho empeza agora
Rúa da Algalia de Arriba, 27, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España - Stoupa
Rúa Campo do Sacramento, 23, BAJO B, 15270 Cee, A Coruña, España