PANO TRADICIONAL
22,00€ Iva incluido
Panos coma estes eran prenda básica para as nosas avoas.
Os estampados florais eran para os días de festa. No día a día adoitaban ser negros, marróns ou grises.
Esta prenda non só se usaba por estética, senon que estaba cargada de significado.
Dependendo do estado civil, variaba a cor do pano e a forma de poñelo. As solteiras co lazo porriba da cabeza, as casadas ca cabeza cuberta e o lazo por debaixo do peinado e as viúvas co pano negro.
Se imos unhas décadas atrás aínda ten máis presenza, pois estaba mal visto que unha muller adulta saira ca cabeza descuberta, especialmente para ir a misa.
Encántanos a idea de conservar a identidade recuperando o pano pero vestilo coma nos pete.
Información adicional
| Cor | Fondo rosa, Fondo blanco, Fondo azul |
|---|










