PANO TRADICIONAL

22,00 Iva incluido

Panos coma estes eran prenda básica para as nosas avoas.

Os estampados florais eran para os días de festa. No día a día adoitaban ser negros, marróns ou grises.

Esta prenda non só se usaba por estética, senon que estaba cargada de significado.

Dependendo do estado civil, variaba a cor do pano e a forma de poñelo. As solteiras co lazo porriba da cabeza, as casadas ca cabeza cuberta e o lazo por debaixo do peinado e as viúvas co pano negro.

Se imos unhas décadas atrás aínda ten máis presenza, pois estaba mal visto que unha muller adulta saira ca cabeza descuberta, especialmente para ir a misa.

Encántanos a idea de conservar a identidade recuperando o pano pero vestilo coma nos pete 🙂

SKU: N/D Categoría:

Información adicional

Cor

Rosa, Branco, Azul