sobre nós

En Eailustra, somos un equipo apaixonado por Galiza e as súas raíces, pero con un enfoque moderno e auténtico. Cada un de nós aporta algo único, creando unha mestura perfecta de creatividade, tradición e un toque de frescura.

Aroa, teño tecnofobia e paixón pola natureza. Gústame ese momento no que me separo un intre do grupo e vexo que todos interactúan, rin, falan e brincan. Ese momento é unha parte da vida que me fai feliz. Son a das ideas.

Eider é a típica persoa aparentemente tímida que acaba dando medo en confianza. De pequena pasaba os días disfrazada. Agora comprou unha mesa de mezclas para facer de Dj nas festas que fai na aldea cos amigos. É a que pinta.

Jonatán, é de Sevilla e ama a sua Terra pero namorouse de Galicia antes que de Aroa. É un andaluz felizmente adaptado en Pontevedra. Gústalle o surf, a cociña e bailar. Axuda ás tecnofóbicas de Eailustra co contido dixital.

En Eailustra, cremos que cada prenda conta unha historia. E esa historia é a da nosa terra, as nosas tradicións e o noso estilo único. Somos un equipo diverso, pero todos compartimos un mesmo obxectivo: levar a esencia de Galiza a cada rincón do mundo cas nosas creacións.